Este libro nace dun proxecto de investigación sobre as frores e as prantas presentes na obra de Rosalía de Castro que se concretou nun herbario con 150 pregos que estivo exposto no Real Xardín Botánico de Madrid e finalmente neste libro editado pola Fundación Rosalía. No libro, igual que no resto do proxecto, únese ciencia e literatura, bioloxía e poesía e nel atopamos versos e textos de Rosalía dedicados a cada pranta e flor xunto coas características botánicas das mesmas, e a fotografía de cada unha, nun formato moi atractivo e sinxelo. Miguel Fraga Vila foi o encargado das excelentes fotografías que o nutren e María López Sández do texto.