Os populares lembran que no 2020 a alcaldesa recoñeceu a necesidade de dotar a Viveiro de puntos de recarga para vehículos eléctricos, pero nada fixo dende entón para cumprir o acordo plenario adoptado por iniciativa do PP
Os populares lembran que en febreiro de 2020 foi aprobada polo plena a moción que presentaron para promover o transporte sostible, na que se propoñía a instalación de puntos de recarga en distintas zonas de Viveiro, incluíndo Aparcamentos A Mariña. A alcaldesa recoñeceu entón a necesidade de instalar os puntos de recarga, se ben dixo que lle parecían moitos. A día de hoxe, Viveiro segue sen dispoñer de puntos de recarga, a pesar de que a súa instalación está subvencionada ata o 70% polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía, a través do INEGA.
Os concelleiros populares destacan que o Concello de Mondoñedo deu a coñecer recentemente a instalación de oito postos de recarga. Rodríguez e Teresa Pérez sinalan que “son accións de desenvolvemento e posta en valor dunha cidade que botamos moi en falta en Viveiro”.