No PP destacan que a de Altri “é unha fábrica de gran importante para toda a provincia, especialmente porque falamos de poñer en valor a vida no rural cando tan necesario é que os pobos do rural teñan actividade industrial”
Castiñeira sinala: “Unha das mocións está relacionada coa fábrica de fibras téxtiles de Altri, que se ubicará en Palas de Rei, na comarca da Ulloa, na que a Xunta, outras administración e a empresa xa fixeron o seu traballo e están pendentes de que o Goberno do Estado tramite, canto antes, as axudas para o financiamento da construción desa fábrica. É unha fábrica de gran importante para toda a provincia, especialmente porque falamos de poñer en valor a vida no rural cando tan necesario é que os pobos do rural teñan actividade industrial”. O portavoz popular lembra que o sector forestal, que tanto está a sufrir, e fundamental para Galicia. “Coa construción desa fábrica seremos aínda máis punteiros no campo forestal”, din os populares.
No PP confirman o seu apoio, como fixeron todos estes anos, “aos traballadores de Alcoa, que demandan do Estado moita máis axilidade na tramitación dos parques eólicos que deben subministrar enerxía verde, renovable, á fábrica de Alcoa para que siga producindo aluminio primario en A Mariña, aluminio de mellor calidade e co selo verde”. Castiñeira di: “Por un lado, é necesario que se poñan as pilas algúns concellos que quixeron alegar a eses parques eólicos e están retrasando a tramitación, e, pola súa parte, o Goberno central ten que axilizar os permisos para que se poida garantir un futuro para os nosos traballadores”.
Castiñeira considera que “son dúas iniciativas importantes que afectan a toda a provincia”, polo que espera “o apoio tanto dos socialistas como dos nacionalistas a estas dúas mocións”.