Eugenia Requeijo lembra que a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo aclarou que os erros que atoparon no documento enviado polo Concello son relativos aos servizos urbanísticos
Requeijo di que, tal como indicou no seu momento o deputado autonómico Ramón Carballo, para conseguir este obxectivo “é condición imprescindible que o Concello finalice a tramitación do procedemento de revisión das normas subsidiarias”. Con este trámite o que se busca é transformar as parcelas adquiridas en terreo urbanizable e así poder asentar as empresas.
No grupo popular provoca malestar que o goberno municipal acuse á Xunta de Galicia de ralentizar os trámites. No Concello aínda non responderon aos requirimentos da Dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, no que se explicaban os erros a correxir para a aprobación definitiva do proxecto.
Recentemente, a Xunta ampliou a vixencia dun informe ambiental que emitiu en 2016 e que caducaba no ano en curso. Así, o Concello non ten que volver a iniciar o procedemento.
Os populares din que “a Xunta axilizou este trámite como mostra de vontade de colaboración; o Concello pediu a prórroga do informe no mes de marzo e tras verificar que todo estaba en orden, en abril, un mes despois, a Xunta xa autorizo esa prórroga polo plazo de dous ano, é dicir, ata o 6 de abril de 2024”.
Eivas a correxir no documento presentado polo Concello
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo instou no seu momento ao goberno municipal a correxir os erros que hai no documento que lle entregaron, en relación cos servizos urbanísticos.
As eivas detectadas pola Xunta son abundantes e van dende saber cal é a obtención da concesión de augas para o abastecemento ata a especificación no documento do uso do solo.
Outros aspectos a correxir por parte do goberno municipal son a cuantificación nas intensidades do seu uso, concretamente canta edificabilidade se pode materializar; a aclaración das reservas esixidas para zonas verdes e aparcamento público. Outro aspecto a tener en conta é o sistema de arborada que garantice unha sostibilidade ambiental.
A Xunta deixou claro que todo son cuestións abarcables. Unha vez rematada a subsanación destes problemas, será sometido a aprobación plenaria para despois remitilo á Xunta de Galicia, que disporá de un prazo de 3 meses para a súa aprobación.