O Grupo Municipal Popular rexistrou un escrito para pedir explicacións ao alcalde de Muras por permitir a utilización dunha bandeira, nun acto totalmente ilegal
A popular aclara que “é un acto ilegal e non podemos permitir que nun edificio público pasen estas cousas”. Ante este problema Eugenia subliña a necesidade de que o alcalde se manteña neutral, pois “representa a todos os veciños e veciñas e non só ao seu partido político”.
O Grupo Muncipal Popular rexistrou onte un escrito no que se solicita ao alcalde de Muras que abandone estas prácticas ilegais en calquera edificio de uso público. Ademáis pediuse ao goberno local que tome as medidas para que isto non se volva a repetir dadas as numerosas quiexas dos veciños e veciñas do municipio.
Normativa vixente en materia de bandeiras
Según a lei 39/1981, artigo 4, do 28 de octubre, publicada no Boletín Oficial do Estado, no que se regula o uso da bandeira de España, o de outras bandeiras e enseñas, é ilegal a colocación de bandeiras non oficiais en Concellos, Deputacións ou calquera outras corporaciones públicas. Incluso nas Comunidades Autónomas onde se recoñeza unha bandera propia, ésta se utilizará conxuntamente coa bandeira de España en todos os ediificios públicos civiles.