A xestora que preside Roberto Díaz conta con Sandra Gómez Maradona, Francisco Javier Rodríguez Barrera, Antonio Rego Rey, Eduardo Reigosa Braña, Jesús Villarino Gavín e Mariano de la Torre Galindo, “un grupo aberto á integración daquelas persoas que queiran traballar por Lourenzá”
A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP – a presidenta, Elena Candia; o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; e o secretario de organización, Javier Vázquez Prado- que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes”.
A xestora conta, xunto a Roberto Díaz Expósito, con Sandra Gómez Maradona, Francisco Javier Rodríguez Barrera, Antonio Rego Rey, Eduardo Reigosa Braña, Jesús Villarino Gavín e Mariano de la Torre Galindo. O presidente sinalou que se trata “dun grupo aberto á integración daquelas persoas que queiran traballar por Lourenzá”.
“O obxectivo do PP de Lourenzá é o de traballar para mellorar Lourenzá e beneficiar aos nosos veciños. Temos ideas e ganas de traballar e, entre todos, seguro que podemos facer que un pobo mellor para todos os veciños, un municipio no que investir para crear empregos e asentar familias e, polo tanto, asegurar o seu futuro”.