Os populares din que a instalación do punto de recarga débese levar a cabo mediante convenio ou baixo a fórmula de concesión
Os populares sinalan que o turismo constitúe unha fonte principal de ingresos para A Fonsagrada. Unha forma de turismo cada día máis estendida é o de autocaravana. Por iso, o PP propón que o Concello habilite unha área para este tipo de vehículos, que ofreza as infraestruturas necesarias, para recarga de auga potable e eliminación de augas residuais. Indican que outros municipios próximos, como o asturiano de Grandas de Salime, xa dispoñen deste tipo de recursos.
Por outro lado, os populares de A Fonsagrada, conscientes de que o cambio do motor de explosión ao eléctrico para propulsar aos vehículos é imparable e cada vez son máis os coches impulsados por enerxía eléctrica, defenden que o Concello debe promover a instalación dun punto de recarga para este tipo de vehículos na vila. Sinalan que o goberno local debe tomar en consideración a súa proposta e levala a cabo mediante convenio ou baixo a fórmula de concesión, para que A Fonsagrada poida dispoñer no menor tempo posible dun punto de recarga para vehículos eléctricos.