A EDLP é o documento que vai orientar a aplicación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período de fondos 2021-2027.O GALP vai colaborar coa Consellería do Mar na posta en marcha da mesma a fin de impulsar un novo programa de axudas para esta zona costeira, polo que , precisamos a túa participación para identificar as necesidades do territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira e así poder definir as iniciativas que queremos para o noso territorio.
A primeira reunión na que podes participar dun xeito presencial celebrarase o vindeiro 18 de xullo ás 18:00 horas en Viveiro. En caso de estar interesados en asistir, debedes enviar os datos antes do día 15 de xullo a través de mail: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal ou no teléfono 604 034748