Site icon Crónica3.com A Mariña

O concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’ repartirá vales de compra no comercio local ás persoas gañadoras nas tres categorías

Viveiro, 26 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro organiza o próximo 8 de agosto o concurso de karaoke ‘Viveiro Canta’ dentro das Festas Patronais de Viveiro.

O concurso contará con tres categorías: infantil, xuvenil, a partir de 12 anos, e adulto, a partir dos 18 anos. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e, ademais dos trofeos, o primeiro ou primeira clasificada en cada categoría recibirá un vale de compra no centro histórico de Viveiro.

“Agradecemos a colaboración da Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro pola doazón dos vales, cos que ademais favorecemos as compras no comercio da nosa vila”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Cada categoría terá un xurado diferente, composto por persoas vinculadas á música e a arte, que valorarán unha canción de cada participante, aínda que despois, mentres deliberan os nomes dos gañadores, poderán interpretar outros temas desde o escenario da praza maior de Viveiro.

“É unha oportunidade de cantar diante de moita xente en un escenario como é a praza Maior de Viveiro, polo que animamos ás persoas a que se apunten, aínda quedan prazas libres”, engade.

As prazas no certame son limitadas, polo que as inscricións poderán realizarse dende o próximo luns 18 de xullo no teléfono 982 560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que cantará e autoría da mesma.

Exit mobile version