O proxecto para a instalación de alumeado público en Santo Albites, que ten un orzamento de contrata de 92.755,80 € (IVE incluído) e que se executa dentro da subvención do Fondo de Compensación Ambiental, inclúe a instalación dun novo cadro de protección e mando, zanxas para a canalización eléctrica e arquetas de paso e derivación; tamén contempla o suministro e colocación de farolas, tanto columnas como luminarias, coas correspondentes liñas de alimentación.
Este novo alumeado instalaráse na Pista de Santo Albites-Cemiterio de Celeiro e Camiño Santo Albites 2. Esta instalación realizarase a un só lado da estrada, con columnas de 8 metros de alto e con luminarias LED.
Polo que respecta ao proxecto de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, trátase dunha actuación incluída dentro da subvención do Agader, na que se inclúen obras de mellora en viais de Covas e Vieiro.
Trátase, en concreto, da Pista da Pedreira e da Pista Pedreira-Foro, na parroquia de Covas, e das Pista Chousa Vella e da Cova, en Vieiro. As obras que se pretenden realizar nestes camiños consisten na mellora do firme existente, ademais da limpeza de cunetas, obras de barrido e limpeza previos do vial, sinalización, etc. O orzamento de contrata deste proxecto ascende a 84.502,62 €.