Doutra banda, algúns establecementos de hostalería que celebran comidas cun número considerable de comensais tamén instalarán baños portátiles. Dende o Concello indícase que haberá polo tanto aseos suficientes para manter Viveiro limpo.
Viveiro retoma estes días o seu tradicional Mercado Renacentista, despois de dous anos de parón por mor da pandemia. A cita conta cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos, polo que se agarda que sexan moitos os veciños/as e visitantes que nestes días se acheguen a disfrutar desta histórica cita.