Do 30 de xullo ao 7 de agosto será a novena das mañás ás 08:00 horas e a esa hora haberá bombas de palenque. O último día, domingo 7 de agosto, despois da novena haberá misa solemne e procesión arredor da capela. A novena das tardes (19:00 horas) comezará o 4 de agosto e rematará o 12 de agosto, con bombas de palenque tamén ás 19:00 horas. O último día, domingo 12 de agosto, haberá despois da novena misa solemne e procesión.