Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz consigue un novo obradoiro para apoiar a mellora da empregabilidade local

Foz, 30 de xullo de 2022. O Concello de Foz continúa a fomentar o emprego e as oportunidades laborais dos seus habitantes. Este ano solicitou un obradoiro de xardinería cos veciños municipios de Alfoz e O Valadouro que lle foi concedido para continuar o traballo de formación en oficios e fixar a poboación no concello.

O rexedor local focego, Fran Cajoto, móstrase “moi satisfeito, xa que continuamos un labor que comezamos no primeiro ano de mandato -no que se nos denegou o obradoiro- e que continuamos pelexando ata obter este instrumento que favorece a empregabilidade d@s nos@s veciñ@s. Ademais o obradoiro de formación vai servir para mellorar as zonas axardinadas municipais, co cal ímonos a beneficiar todos. 20 alumnos vanse a beneficiar desta formación, dos cales 12 farán as súas prácticas en Foz. É unha moi boa nova”.

Este obradoiro, que pasa de nove meses a doce, inclúe un proxecto integral de arranxo de xardíns e zonas verdes municipais. Entre estas zonas atópase a mellora do entorno do Parque Empresarial de Fazouro, a área recreativa do Bispo Santo, Malates, o Campo da Cabana ou diversas rúas do entorno urbano.

A concelleira de Emprego, Inés López, indica que “a finalidade destes obradoiros é que as persoas que os cursan melloren as súas capacidades para entrar nun mercado laboral cada vez máis esixente e cunha importante necesidade de man de obra con mellores cualificacións. Ademais dos propios participantes os grandes beneficiados son os veciñ@s de Foz xa que se realizan moitas actuacións que redundan nun aspecto máis coidado do entorno”.

Terras do Ouro 2022 comezará nun breve prazo as seleccións para os diversos postos. Esta financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas dos transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Exit mobile version