Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo xa dispón de servizo de socorrismo municipal na Praia do Torno, en San Cibrao, a de maior afluencia de xente na tempada estival

Desde este venres, e durante dous meses os socorristas velarán pola seguridade das persoas usuarias, de luns a domingo, en quendas de mañá e tarde. O rexedor, Alfonso Villares, a tenente-alcalde Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron este mediodía un encontro con eles no propio areal no que desenvolverán as tarefas de protección da cidadanía.

Exit mobile version