O arqueiro, acompañado por outros membros do club Iadovi, foi recibido na Casa do Concello polo alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez; que lle fixeron entrega dunha figura de Sargadelos como recoñecemento aos seus éxitos deportivos. A próxima cita deportiva será o vindeiro fin de semana en Madrid, onde desputará a fase eliminatoria para o campionato do mundo de 3D que terá lugar en Italia o 5 de setembro.