Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG lamenta que a Xunta non autorice no vindeiro curso académico o ciclo de FP Dual de Turismo no IES de Foz

Foz, 5 de xullo, 2022. A Comunidade Educativa do concello, e especialmente a equipa directiva do Centro levaba tempo traballando na posta en marcha desta iniciativa. Acadouse, a instancias do BNG de Foz, o apoio do pleno o pasado mes de abril. Con todo a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria finalmente non autoriza este ciclo no IES de Foz.

Para o BNG de Foz é preocupante como a Consellería non fornece aos centros da Mariña de ciclos atractivos que fixen ao alumnado na comarca como este de Turismo, nunha bisbarra cunha proxección clara nese ámbito. Existe un claro incremento das ofertas neste eido, mais so increméntase a oferta nas cidades, mesmo con ciclos moi semellantes como o de Guía, información e asistencia turísticas.

Por outra banda a Xunta e o PP local acoden ao centro a anunciar o fin do prazo de presentación ofertas (e decir, nada, sen data de inicio sequera), para as obras de rehabilitación integral do IES de Foz. Sería bo lembrar a equipa de propaganda da Xunta, que están financiadas po la Unión Europea a traves do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, sí o pasado FEDER, nun 80%, un matiz que intencionadamente esqueceron nas recentes notas de prensa. Porén ningún interese nesa visita po las carencias na oferta formativa que, esta sí, é totalmente competencia da Xunta de Galiza.

O BNG de Foz anima ao O IES de Foz e á dirección do Centro a continuar na procura do respaldo do tecido educativo e institucional da Mariña para facer ver a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a necesidade da implantación desta e outras modalidades educativas para o vindeiro curso. Dende o BNG de Foz consideramos imprescindible para o desenvolvemento profesional da mocidade da nosa comarca ampliar a oferta educativa do noso instituto.

Exit mobile version