A iniciativa do BNG presentada por Daniel Castro no Parlamento para que a Xunta tome cartas no asunto foi rexeitada polos populares
A Mariña non pode fiarse do PP
Hoxe volveron a repetir o seu descaro e fixeron gala unha vez mais da súa pouca valentía e da súa total falta de respeto, pois ningún deputado/a mariñao do PP tivo a dignidade de intervir no debate da iniciativa do BNG para buscar solucións ás traballadoras de Albo que defendeu Daniel Castro, e delegando os populares mariñaos nunha deputada de Vilagarcía.
“E tampouco o presidente da Xunta se dignou a reunirse coas traballadoras, co cal queda patente o nulo compromiso do PP e da Xunta con esta comarca” afirmou Castro, que tamén manifestou durante o debate que “por iso instamos a Xunta a que faga dunha vez por todas o necesario para que Albo quede en Celeiro, porque unha vez podemos crer en vostedes, dúas tamén, incluso tres, pero cando superan a decena de incumprimentos xa se fai máis difícil. No BNG e na Mariña levamos moitas malas noticias de vostedes para ter fe cega en vostedes”