A iniciativa do BNG presentada por Daniel Castro no Parlamento para que a Xunta tome cartas no asunto foi rexeitada polos populares
A Mariña, venres, 15 de xullo de 2022. Unha vez mais, o Partido Popular dálle as costas á Mariña. Diante da posibilidade de peche da úlitma conserveira na comarca, o PP mira para outro lado e non lle importa que 42 traballadoras queden na rúa, e siguen co seu modus operandi da última década a respecto da comarca: mirar desde a grada como numerosas empresas emblemáticas mariñás pecharon as súas portas deixando un regueiro de desemprego de mais de 1.000 persoas, así como votar por sistema sempre en contra das iniciativas do BNG nas que se demandaban plans de emprego e de industrialización para A Mariña.
A Mariña non pode fiarse do PP
Hoxe volveron a repetir o seu descaro e fixeron gala unha vez mais da súa pouca valentía e da súa total falta de respeto, pois ningún deputado/a mariñao do PP tivo a dignidade de intervir no debate da iniciativa do BNG para buscar solucións ás traballadoras de Albo que defendeu Daniel Castro, e delegando os populares mariñaos nunha deputada de Vilagarcía.
“E tampouco o presidente da Xunta se dignou a reunirse coas traballadoras, co cal queda patente o nulo compromiso do PP e da Xunta con esta comarca” afirmou Castro, que tamén manifestou durante o debate que “por iso instamos a Xunta a que faga dunha vez por todas o necesario para que Albo quede en Celeiro, porque unha vez podemos crer en vostedes, dúas tamén, incluso tres, pero cando superan a decena de incumprimentos xa se fai máis difícil. No BNG e na Mariña levamos moitas malas noticias de vostedes para ter fe cega en vostedes”