Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ballet de Arte Folcórico Arxentino ofrecerá o sábado 6, na Praza Maior de Viveiro, o espectáculo ‘Especial Arxentina’

Viveiro, 29 de xullo, 2022. Outro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folklórica Internacional, o Ballet de Arte Folcórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o Sábado ás 22:00h no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo “Especial Arxentina” cun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, se amosan con detalle, cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir…. O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da Cidade de Xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires. É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio María Martínez y Miguel Angel Saravia, quen dirixen artísticamente a este espectacular grupo coreográfico, no soamente elixindo e preparando novos programas senón coidando ata o último detalle da autenticidade das suas expresións e orixinais vestiarios.

Cerca de corenta artistas integran o B.A.F.A., entre bailarinas e bailarines, cantantes, músicos e técnicos, brindando unha nutrida e atrainte sucesión de danzas e cancións de diversas rexións do país que representan, o que permite en forma antolóxica facerse unha idea da sua variedade e beleza.

Exit mobile version