No caso d@s médic@s de familia solamente están dous profesionais atendendo á totalidade do concello, pois a terceira facultativa leva moitos meses de baixa sen que se substituíra salvo días soltos. Moitos días como hoxe e onte, cando está ausente outr@, o centro de saúde queda cun só profesional para os tres mil habitanres. A maiores este ano tampouco haberá médico para as persoas despazadas, malia multiplicarse a poboación por tres.
No caso de pediatría , este servizo é compartido con Lourenzá e Mondoñedo, sendo por este motivo bastante incompleto. A día de hoxe o pediatra está desfrutando de vacacións e non está a substituírse, obrigando a acudir ao servizo de urxencias a demanda por enfermidade e as urxencias, e adiándose as revisións de nen@ san.
A resposta da veciñanza de Barreiros demandando que se cubran @s profesionais e categorías ausentes, alerta da situación urxente no que se atopa a Atención Primaria en toda a comarca e cremos que debería facer reaccionar á consellería e ao goberno da Xunta.