Como Laura tamén foron seleccionadas outras compañeiras da Mariña:
Andrea Rodríguez Rodríguez do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo.
Teresa Lago Fernández do Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.
Alba Fernández Fernández do Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.
Celia Bellas Fernández do IES Vilar Ponte de Viveiro.
Todas elas estarán acollidas por familias americanas co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible. A saída está prevista para mediados do mes de agosto. As bolseiras vivirán unha aventura inesquecible ao longo dos dez meses de estadía.
A dotación de cada bolsa supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondente seguro médico e de accidente.