Site icon Crónica3.com A Mariña

Investidos 197.000€ no vial a Canelas e Portocelo

Xove, 19 de xullo, 2.022. Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial.

O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 m, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces nalgúns tramos.

A actuación consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse á estrada dunha cuneta de 60 cm revestida de formigón, rematando coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical,que vén de finalizarse.

Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho.

Esta obra, que conta cun investimento de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodiddea e unha mellor seguridade nos desprazamentos.

A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:
-Concello: 12.064,70 €
-Deputación: 185.165,30 €

Exit mobile version