A idea é a de destacar o patrimonio natural, cultural e humano desta zoa da Mariña e poder mostralo a todos, veciños e turistas de moitas nacionalidades que pasan polo Concello de Barreiros que ten na actualidade sobre 3000 habitantes.
A implicación do pobo foi total comezamos a localizar e comprometer, casa por casa, todos os artigos que entendemos, nos podían valer para a exposición (apeiros de labranza, gandería, zapateiros, barbeiros, zoqueiros, costureiras, albaneis, pescadores…….). Temos preto de mil seiscentas pezas rexistradas e aínda nos faltan moitas casas de visitar.
A exposición realizarse nos baixos do edificio para que sexa fácil o acceso a colectivos con discapacidade.
Nas súas paredes de pedra van ancladas parte das pezas, outras en taboleiros de madeira na parede, as máis delicadas dentro de vitrinas de cristal e madeira, outra parte delas van no chan de marmol, arados, grades, sachadoras, apeiros de agricultura e labranza…
Todas as pezas están identificadas có seu nome e o apodo da casa que as aportou.
A duración da Exposición Etnográfica “Benquerencia no tempo” será de carácter indefinido. Está atendida por unha persoa durante toda a época estival ou datas concretas (semana santa, nadal…) independentemente de que, baixo petición, poda ser aberta en calquer momento, estando previsto establecer visitas concertadas con as distintas asociación da zoa, colexios de ensinanza, asociacións colectivos con discapacidades, etc. O acceso é gratuíto e atopase aberta en horario de luns a venres de 18:30 h. a 20:30 h.