Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito de participación no arranque das Actividades Fluviais da Deputación, na Fonsagrada, e que chegarán a Trabada o 23 de xullo

A contorna fluvial de Pena do Inferno foi a primeira localización dunha programación que acollerán os concellos de Begonte, Láncara, Trabada, Monterroso, Ribeira de Piquín, Vilalba, Navia de Suarna, Alfoz, e Negueira de Muñiz nos meses de xullo e agosto

Lugo, 3 de xullo de 2022. Éxito de participación na primeira xornada das Actividades Fluviais gratuítas da Deputación de Lugo, que se celebrou esta fin de semana na Fonsagrada con propostas de kaiak, pádel surf e inchables, entre outras propostas. Levouse a cabo no entorno fluvial de Pena do Inferno, contribuíndo a poñer en valor a riqueza natural do concello.

Os veciños e veciñas, así como as persoas que visiten a provincia de Lugo este verán terán grazas á Deputación unha alternativa de ocio activo, ao aire libre e que axuda a dinamizar a vida social e económica dos concellos. Así mesmo, con esta proposta, a institución provincial busca consolidar un turismo de calidade, sostible, de experiencias, e con capacidade para atraer xente durante todo o ano.

O programa, dirixido a maiores de 6 anos, continuará o 16 e 17 de xullo nas praias fluviais da Pobra de San Xiao, en Láncara, e na de Begonte, respectivamente. Ata o 15 de agosto haberá tamén actividades nos concellos de Trabada, Monterroso, Ribeira de Piquín, Vilalba, Navia de Suarna, Alfoz, e Negueira de Muñiz. As persoas interesadas en participar poden facer a inscrición no propio lugar da actividade ou no 636.504.155.

As Actividades Fluviais súmanse a outras iniciativas que a Deputación de Lugo ten en marcha, como o programa de turismo deportivo e de aventura Actívate; o programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán esta tempada unhas 3.000 persoas de 135 asociacións, ou tamén o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que terán lugar o mes de agosto.

Calendario
Láncara – Praia fluvial da Pobra de San Xiao
16 de xullo. De 16 a 19 horas

Begonte – Praia fluvial de Begonte
17 de xullo. De 16 a 19 horas

Trabada – Ría de Abres
23 de xullo. De 11 a 14 horas

Monterroso – Área recreativa A Peneda
24 de xullo. De 16 a 19 horas

Ribeira de Piquín – Chao do Pousadoiro
30 de xullo. De 16 a 19 horas

Vilalba – Área recreativa da Madalena
6 de agosto. De 16:30 a 19:30 horas

Navia de Suarna – Praia fluvial da Pobra de Navia
13 de agosto. De 16 a 19 horas

Alfoz – Lugar do Trece (Carballido)
14 de agosto. De 16 a 19 horas

Negueira de Muñiz – Área Recreativa da Veiga
15 de agosto. De 16 a 19 horas

Exit mobile version