Trátase dunha actividade realizada en colaboración coa Consellería do Mar a través da cal se pretende fomentar o consumo de produtos do mar en conserva. Afondaron no coñecemento dalgunhas especies mariñas e aprenderon a importancia de introducir o consumo destes produtos na súa alimentación. Para finalizar a xornada tiveron a oportunidade de preparar os seus propios bocatas saudables a base de produtos do mar en conserva e produtos vexetais e, o máis importante: degustar os apetitosos bocadillos en compañía dos compañeiros de aventuras no campamento.