Burela, 13 de xullo, 2022. No día de hoxe anúnciase a baixa de Edu, xogador que se converteu en xa unha institución no club ao longo dos seus 14 anos no primeiro equipo. O porteiro, despídese do club tras unha época de éxito defendendo a meta laranxa.
Nunha entrevista pola súa despedida preguntámoslle unhas cuestións importantes. A primeira que significou para ti ser unha peza do equipo tan importante durante tantos anos? responde: “Para o min o Pescados Rubén foi todo, estou moi agradecido que me desen a oportunidade de xogar ata o de agora”. Foron 14 tempadas nas cales o porteiro de Narón se converteu nun baluarte e dono da portería laranxa.
Noutra cuestión relacionada de cal é o segredo de que ata hai uns meses seguise competindo a tan alto nivel? Contestaba que: “Cando ves que se achega o final da túa carreira profesional sabes que te tes que coidar máis”. E isto púidoo demostrar tras as últimas tempadas no clube cun físico e actitude de exemplo.
Á pregunta de como te sentes por marchar? Respondeu: “Feliz, porque sei que fixen o meu traballo no Burela e ademais gocei do Fútbol sala, e voume un pouco triste pola afección, porque me levaron en volandas todo este tempo e vounos a botar de menos”. Afección e club tamén estrañarán a un xogador que significou tanto para a súa imaxe.
Na cuestión dalgún momento feliz que lembres no teu tempo no club? Contestou que “para o meu todos os partidos que xogabamos en Vista Alegre eran especiais, non podo decidirme por un” Edu realizou incontables boas actuacións e é difícil decidirse por unha.
Nunha última pregunta de que consellos lle podes dar ás novas xeracións de porteiros? afirmaba que “é importante que gocen do fútbol sala, porque así chegará todo con esforzo” O porteiro lanza unha mensaxe importante para os novos xogadores que soñen con competir ao primeiro nivel.