O showcooking, que tivo lugar este domingo 24 de xullo na Praza de Abastos de Ribadeo, alcanzou o obxectivo marcado: achegar os produtos de proximidade e a gastronomía da zona aos habitantes e visitantes de Ribadeo.
No acto, ribadenses e visitantes puideron gozar dunha demostración gastronómica
onde os protagonistas foron os ingredientes procedentes da zona e que correu a cargo
Mar Orosa, de Bar Oviedo, que explicou e realizou unha “Sopa fría de tomate cun dado de pescada confeitada e xudía salteada”, acompañada de Javier Sánchez, presidente da
Confraría de pescadores de Ribadeo. Xuntos explicaron como se pesca a pescada no
porto ribadense, como chega aos fogares e, por suposto, como cociñala.
No showcooking tamén participou Felipe F. Barcia, da Horta de San Roque, que foi o
encargado de promocionar a tenreira galega a través dunha tapa de “Pan bao con redondo de tenreira galega e verdura en escabeche”. A el uniuse Vidal Rodriguez que, na súa faceta como veterinario, explicou as características da tenreira galega.