O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular participou na recepción en Ribadeo aos peregrinos navegantes da VII Travesía O Camiño a vela
O deputado autonómico e voceiro do Grupo Municipal Popular achegouse a darlle a benvida a Galicia aos participantes desta travesía e agarda que, posteriormente, “falen ben de Ribadeo tanto nos lugares que visiten coma nos seus lugares de orixe”.
A recepción incluíu degustación de produtos locais, de proximidade, co obxectivo de poñer en valor “o noso. Tamén presumiremos da música local que correrá a cargo da compositora e cantautora ribadense Carme Rodríguez”.
Apoio ás iniciativas que beneficien a Ribadeo
Vega sinala que “o Camiño a vela é unha das formas de peregrinar máis antigas. Tendo en conta que aínda é descoñecido este tema, debemos impulsalo e traballar para que tamén o Camiño a vela sexa cada día máis coñecido”.
Nese sentido, convida a “aproveitar todos os recursos que ten Ribadeo que é porta de entrada a Galicia do Camiño Norte e tamén por mar. Hai que seguir traballando e apoiando as distintas iniciativas que beneficien ao noso pobo”.