Ribadeo, 1 de xullo, 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, defende a “posta en valor do casco histórico”. Nese sentido, destaca a “oportunidade que supón para os propietarios de edificios situados no casco histórico de Ribadeo en estado de abandono ou semiabandono poder venderllos á Xunta coa finalidade de rehabilitalos e, posteriormente, poñelos a disposición das persoas e familias interesadas en alugar unha vivenda”.
A Xunta dispón dun orzamento de 200.000 euros para mercar inmobles en Ribadeo. Os propietarios de edificios que cumpran certos requisitos e que estean interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladar á Xunta as súas propostas. Teñen á súa disposición o teléfono 981 957 965.
Vega destaca este espazo Rexurbe que, no caso de Ribadeo, permite recuperar o casco histórico. “Temos que seguir traballando para dinamizar e darlle vida ao noso bonito casco histórico”.