Site icon Crónica3.com A Mariña

Concedida a licenza de obra para a instalación dunha coñecida empresa de comida rápida en Ribadeo

Ribadeo, 20 de xullo de 2022. Na xunta de goberno celebrada nas últimas horas no Concello ribadense foi concedida licenza de obra para a instalación dunha coñecida empresa de comida rápida. Tamén foi autorizada a instalación de tres puntos de recarga eléctrica de vehículos nunha céntrica gasolineira. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “Ribadeo estase a converter nun pulmón económico e de desenvolvemento moi importante na Mariña de xeito paseniño, pero imparable”.

O rexedor declarou que “estas últimas xuntas de goberno onde o Concello autoriza actividades, obras, etc… están supoñendo unha continua e seguida mostra de que Ribadeo vai camiñando na boa dirección. Como proba diso é que a xunta de goberno de onte, de entre as varias autorizacións de obras que vamos dando, cabe destacar a dunha nova vivenda unifamiliar en Vilar ou un novo ximnasio na Avda Rosalía de Castro”.

Fernando Suárez contou que “tamén autorizamos a instalación de tres puntos de recarga eléctrica de vehículos nunha céntrica gasolineira de aquí da vila, que se veñen engadir aos 4 que xa nunha sesión anterior outorgamos na área de aparcamento dun restaurante en Vilaframil”.

O alcalde ribadense subliñou: “e tamén na sesión de onte demos a licenza de obra para a instalación dunha empresa de comida rápida, coñecida como Burger King, nunha parcela duns 3.000 m2 na Avda. da Ría de Ribadeo. Alí vaise construír un edificio con terraza, aparcadoiros, etc. A autorización foi outorgada logo de que se cumpriran todos os requirimentos técnicos e de mellora e reforzo do sistema de saneamento que existe naquela zona, algo que indirectamente vai beneficiar aos veciños daquela parte de Vilar”.

O rexedor engadiu que “en definitiva, son pasos que desde o goberno municipal valoramos positivamente. Seguro que hai iniciativas económicas que van traer competencia unhas as outras, pero sen dúbida Ribadeo estase a converter nun pulmón económico e de desenvolvemento moi importante na Mariña de xeito paseniño pero imparable”.

Exit mobile version