Alfoz, 4 de xullo, 2022. Hoxe tivo lugar o inicio do Programa Ludiverán – Xogando en igualdade no Concello de Alfoz, o cal se desenvolverá de luns a venres durante os meses de xullo e agosto.
Trátase dun programa totalmente gratuíto que facilitará a conciliación das familias de nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos durante as vacacións escolares do verán.
Durante a mañá de hoxe participaron nun obradoiro de Primeiros auxilios en idade infantil, durante o cal Graciela González Belmonte, médica do 061, lles explicou como actuar ante unha emerxencia e a importancia de pedir axuda e chamar ao 061. Tamén como actuar en casos de queimaduras, golpes, feridas, picaduras, seguridade nas piscinas e praias, etc.
Durante a sesión fixeron moitas preguntas e prestaron moitísima atención para non perder detalle, especialmente cando tratou de explicarlles nocións básicas da RCP (reanimación cardiopulmonar), xa que hai que ter en conta que unha educación temperá en primeiros auxilios resulta clave para que saiban actuar con tranquilidade ante unha situación de emerxencia.