Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan no Vicedo os mércores de natureza

O Vicedo, 4 de xullo, 2022. Un ano máis comeza unha actividade de moito éxito no Vicedo, os mércores de natureza.

Trátase de actividades de natureza que se celebrarán todos os mércores de xullo e agosto e que terán como punto en común que se farán no entorno natural do concello e mesmo do resto da comarca. Inicianse os mércores de natureza este mércores día 6 de xullo ás 16:30h ofrecendo a posibilidade de probar os kayaks e as táboas de paddle SUP por 10€ por persoa. O punto de encontro será a praia de Arealonga e, en función das condicións farase unha pequena ruta pola zona. Anotacións no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org.

Por outra banda, este luns iniciase o Curso gratuito de iniciación aos kayaks para maiores de 12 anos empadroados no Concello de O Vicedo. Durante 5 días, aprenderán a remar nun kayak, pasarán ratos divertidos entre amigos.

Exit mobile version