Na presentación asistiron Xoel García Neira, 8º clasificado en K1 200m e Iago García Martínez, campión en K4 500m nos europeos celebrados a pasada semana en Belgrado.
O tenente alcalde, Fco. Javier Fanego, e u concelleiro Iago Villamil, agasallaron a estes grandes deportistas focegos cun pequeno obsequio e animáronos a continuar coa súa fenomenal traxectoria, admirada por todas/os. Tamén lle agradeceron a Ignacio Romillo, presidente do Club Kaiak de Foz, o gran traballo que realizan durante todo o ano coa mocidade e a coidada organización dá lonxeva Travesía Ría de Foz.
Este sábado gozarase do piragüismo a partir dás 17:30h nunha ría que se encherá con case 300 padexeiros/as.