Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns
A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán Gómez, que tamén competirá este sábado, presentaron o evento deportivo no escenario onde se desenvolverá que arrincará ás 10:00 horas; e no que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.
Caramés e Rodríguez desexáronlle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 27 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.