Tamén haberá unha andaina que partirá ás 9:30 horas do Conxunto Histórico Artístico
Cervo, 8 de xullo, 2022. O Concello de Cervo será o escenario do II Trail de Sargadelos o domingo 24 de xullo.
A Cita, que se completa cunha andaina, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local.
O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular “e permitirá aos/ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos”, tal e como apuntaron desde a organización.
A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.
A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas.
A inscrición para as dúas modalidades permanecerá aberta ata o mércores 20 de xullo en:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022