Site icon Crónica3.com A Mariña

Cami di tamén adeus ao Pescados Rubén

Burela, 13 de xullo, 2022. Chegou o momento de dicir adeus á internacional brasileira Camila Gadeia Silva, quen abandona o Pescados Rubén Burela FS tras cumprir a súa quinta tempada.

A peche de 32 anos xogou con ilusión no proxecto do Pescados Rubén Burela ao longo destes anos, disposta a seguir facendo historia xunto ás Guerreiras Laranxas. A 8 burelista non deixou que ningún obstáculo se interpuxese no seu camiño, nin sequera cunha grave lesión de xeonllo sufrido durante a final de Copa da Raíña.

Cami demostrou a súa gran paixón polo fútbol sala ao longo destes anos, non só non o seu gran talento xogando co equipo do Pescados Rubén Burela FS, senón tamén mentres lucía a camiseta da Selección de Brasil. Xunto co noso club alcanzou grandes vitorias, como son as supercopas, ligas e a vitoria na Futsal WEC momento no que as Guerreiras Laranxas se converteron nas campioas a nivel europeo.

Xunto a Cami choramos tanto vitorias como derrotas, mesmo vivido algúns dos mellores momentos do club. Un deles vivímolo durante dous anos consecutivos nos que o Pescados Rubén Burela se converteu no Mellor Clube Feminino do Mundo nos Premios Futsal Awards.

Desde o club queremos agradecer todo o apoio e gran traballo realizado por Cami ao longo de todos estes anos. Desexámoslle moita sorte nos seus próximos proxectos profesionais así como esperamos que o seu futuro siga estando plagado de éxitos.

Exit mobile version