O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega das bandeiras en días pasados ao alcalde, Alfredo Llano. O acto comezará ás 12:30h na praia do Portelo, continuará na praia do Ril e finalmente na praia da Marosa. O izado das bandeiras, garantes da calidade das augas e servizos que ofrecen os areais, indican que estes espazos xa están acondicionados para desfrute de veciños e visitantes.