Burela, Venres 22 de xullo. O xoven gardameta burelense continuará a seguinte campaña no conxunto laranxa. Bruno, encargarase de defender a portería na tempada 22-23 en segunda división.
Provén das categorías inferiores do clube e non fai moito, conseguía un título moi importante converténdose en Campión de Liga División de Honra Xuvenil 2017-18.
É un porteiro con moita proxección debido á súa idade, e o clube confía no seu talento para evolucionar e que sexa importante. Na súa experiencia en primeira división fixo boas actuacións, demostrando que pode ser capaz de medirse a rivais de nivel e ofrecer garantías na portería.
É un exemplo como outros do equipo que no club prima a mocidade e a canteira, dándolles oportunidades debido ao seu traballo e esforzo.
A meta do equipo mariñán estará cuberta por porteiros de garantía, e Bruno seguirá tendo a oportunidade de amosar os seus talentos e habilidades.