Begoña Vivas Blanco é a terceira presidenta desta peña, despois de Victor López Pérez e José María Martínez Pernas.
Á presidenta acompáñana nesta nova xunta directiva: Manuel Fernández Pérez (secretario), Secundino Méndez Oliveros (tesoureiro) e Marta María Soto López, Anxo Fraiz Arias, Juan Jesús Pereira García, José María Martínez Pernas e Víctor López Pérez (vogais).
A Peña Ribadeo do Athletic Club de Bilbao ten previsto retomar as actividades, que se paralizaron durante a pandemia do Covid, para volver organizar viaxes a Bilbao dúas veces ao ano e estudar a posibilidade de ir tamén a outras cidades para ver partidos do Athletic Club, dependendo do calendario da liga.