Site icon Crónica3.com A Mariña

Alberto Mirás únese ao equipo Laranxa

Burela, 28 de xullo, 2022. O Parrulo Ferrol e Pescados Rubén Burela acordan a fichaxe deste xogador por período dun ano máis outro opcional. O santiagués Alberto Mirás (2001) incorpórase a plantilla do conxunto mariñán no seu proxecto de Segunda División.

O á, canteirán do Santiago Futsal, xogou nas categorías inferiores, no seu equipo filial e, deu o seu paso ao primeiro equipo desde a tempada 2018-2019, chegando a ser peza fundamental nel.

Alberto é un xogador moi novo con gran proxección, que foi tido en conta pola Selección Española sub-19, xa que foi convocado. Con todo, a pesar da súa mocidade, posúe moita experiencia na categoría de Segunda División, polo que será beneficioso para o equipo laranxa.

Na última tempada no Parrulo Ferrol vén de anotar 8 goles e xogar todos os partidos, sendo unha xogador clave no quipo ferrolán. Nunha entrevista ofreceunos as seguintes declaracións con motivo da súa fichaxe:

– Cales son as túas sensacións tras fichar polo Burela FS?

“Estou moi contento, unha oportunidade moi boa para a min e para seguir crecendo , vou a un equipo con grandes xogadores, e gran corpo técnico a aprender e axudar ao equipo”.

-Que crees que podes achegar ao teu novo equipo?

“Creo que son un xogador bastante correcto tácticamente, que pode defender, que ten calidade de pase, e espero adaptarme ao que pida ao adestrador xa axudar o máximo posible”.

-Crees que coñecer xa a categoría de prata tan ben che dá vai vantaxe?

“Non creo que me dea vantaxe. Se é certo que ao final é bo ter experiencia, pero ao final hai xogadores que non a teñen e fan un bo papel. Son moi novo e espero seguir aprendendo cada día”.

-Cales son os teus obxectivos pola túa incorporación ao equipo?

“Seguir aprendendo, seguir mellorando e axudar ao equipo para que logre os obxectivos marcados” .

Como ves ao Burela FS no seu novo desafío en segunda?

“Creo que están a facer unha plantilla moi competitiva. Están facendo ben as cousas desde o club. É un club serio e disciplinado, e isto axuda a que os resultados poidan ser positivos. Teñen xogadores con moita calidade e con moito percorrido en Primeira e Segunda. Creo que imos formar unha plantilla forte e hai que estar contentos e ilusionados”.

Exit mobile version