Foz, 26 de xullo de 2022. AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xullo.
Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 29 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptico, Arrullos, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, MC Automotive, Mercería Vera, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos e Xoguetería Bahía.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñou que “no Comercio na Rúa atoparán unha ampla oferta en moda, calzado e artigos necesarios para o verán e tamén para a volta o cole”.
Colaboran con esta iniciativa de AciaFozCCA a Xunta de Galicia, o Concello de Foz e Impulsa Foz.