Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese en Xove o prazo para solicitar as axudas ao estudo

Xove, 7 de xullo, 2022. Oprazo para solicitalas é do 8 de xullo ao 5 de agosto. Na web do Concello ven toda a información necesaria de cómo solicitalas e a documentación que hai que aportar.

As bolsas e axudas ao estudo da presente convocatoria teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados de:

A) Gastos de comedor para:
Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove

B) Gastos de estancia para:
1. Estudantes universitarios en universidades españolas.
2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

C) Gastos de desprazamento para:
1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.
2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.
3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.
4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.
5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.
6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.

Aos efectos das presentes bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”.

As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.

A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:
Para axudas de transporte e estancia: sen límite.
Para axudas de comedor, con límite 7.500.-€/renda per cápita.

Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.

No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que éste non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.

Exit mobile version