Ribadeo, 22 de xullo de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, e outros membros do Grupo Municipal Popular participaron na presentación do 71º edición do Trofeo Emma Cuervo e a súa segunda edición no fútbol feminino, organizado polo Ribadeo F.C.
O popular explicou que “é importante potenciar este torneo; a Xunta financia tanto o partido de fútbol masculino como o feminino”. Engade: “Dende Ribadeo estamos a enviar unha mensaxe clara de igualdade e poñendo en valor á muller no mundo do deporte”.
Vega trasladou o seu agradecemento tanto ao Ribadeo FC., pola organización do Torneo, como a Carlos Pérez, polo deseño do trofeo, unha reprodución da Torre dos Moreno elaborada por Sargadelos.
Partidos de fútbol
Tito Suárez, coordinador de deportes informou que o 20 de agosto, ás 18:30 horas terá lugar no campo Pepe Barrera o partido entre o Deportivo da Coruña e os Unionistas de Salamanca. Por outra banda, o 28 de agosto, ás 18:00 horas, celebrarase o encontro entre o Deportivo da Coruña femenino e o Oviedo FC femenino.