Viveiro, 13 de xullo de 2022. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e Outras Demencias de Viveiro (AFA Viveiro). Durante o encontro puxo en valor o seu labor apoiando ás familias e aos usuarios no seu día a día.
Durante a visita, o director xeral e o delegado territorial puideron coñecer os servizos promovidos por esta asociación, tales como o apoio psicolóxico aos usuarios e ás familias e as diferentes terapias de estimulación que prestan ás persoas con Alzheimer.