Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta participa e apoia economicamente nas festas de Ribadeo

O programa inclúe videomapping, unha técnica visual que proxecta imaxes sobre superficies co obxectivo de crear efectos e animacións tan impactantes que parece que cobren vida

Ribadeo, 22 de xullo de 2022. O Grupo Municipal de ribadeo, a Xefa territorial de cultura da Xunta e outros membros do grupo municipal apoyaron hoxe á comisión de festas, a cal a xunta participa e apoia economicamente nas festas de San Roque, que se celebrarán o día 16 de agosto, e das de Santa María do Campo, programadas para os días 6,7 e 8 de setembro.

Dende o grupo popular sinalan que, “con humildade e responsabilidade”, xestionan “o orzamento da Xunta de Galicia para cubrir os gastos que nos trasladaron dende a comisión organizadora”.

Dani Vega agradece á comisión de festas o traballo que fai porque “sen eles sería imposible”. Engade: “Son mozos moi novos e moi comprometidos con Ribadeo. Hai que valorar o seu traballo pois foron moitas as horas que dedicaron para que estas festas sexan posibles”.

Por outra banda, o voceiro popular explicou o laborioso traballo que se está a realizar e o apoio incondiconal da Xunta de Galicia. Engade: “Van facer a exposición dos carteis das festas de Ribadeo, están a traballar nunha festa con DJ para xente moza, buscaron os gaiteiros para que animen as rúas e xestionaron a organización dos concertos”. Todas estas actividades serán financiadas na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Novidades

Unha das novidades que terá Ribadeo nestas festas será o videomapping, unha técnica visual que proxecta imaxes sobre superficies co obxectivo de crear efectos e animacións tan impactantes que parece que cobren vida. Será a primeira vez que a vila conte con esta técnica e dende o grupo municipal popular consideran que será todo un éxito.

Exit mobile version