Augas de Galicia, tras unha inspección á zona xunto con técnicos municipais, requiriu un plan de acción para eliminar a achega contaminante
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco nunha vivenda unifamiliar tras unha inspección.
De cara á emenda do vertido, realizouse un inventario punto por punto que amosou restos propios de augas residuais con destino final cara a unha gabia.
Despois dunha segunda inspección, xunto con técnicos municipais, Augas de Galicia requiriu un plan de acción para eliminar a achega contaminante.
O Concello de Mondoñedo informou da recondución do vertido cara ao sistema de depuración da vivenda, constatándose, tras unha nova inspección á zona, o cese das augas residuais na gabia.