Site icon Crónica3.com A Mariña

A Organización de Produtores Pesqueiros do porto de Burela denuncia a actuación levada a cabo por Greenpeace contra un dos seus palangreiros

A OPP-7 tacha de manipulación, mentiras e demagoxia a actuación por parte dun grupo de activistas de Greenpeace, que subtraeu de forma totalmente abusiva e ilegal parte das artes de pesca dun dos seus buques

Burela, 28 de xullo, 2022. A actuación levada a cabo por parte da agrupación ecoloxista Greenpeace contra un dos nosos buques pon en evidencia as leis do Dereito Internacional do Mar e en dúbida a defensa que desde a UE faise dun buque comunitario que actúa dentro de toda a legalidade.

O ataque unilateral realizado por parte de Greenpeace á frota europea desprestixia totalmente o espírito democrático e de liberdade que promoven os socios e colaboradores desta organización ecoloxista, e ponse á altura das actuacións de grupos de “piratas” organizados que atentan en altamar contra a actividade de buques pesqueiros e comerciais da UE e que desgraciadamente se está denunciando de forma reiterada.

Os nosos buques son os primeiros defensores da actividade pesqueira a través dunhas boas prácticas, respectuosas, legais e sostibles dentro de todos os ámbitos, e que protexan o noso medio mariño, que ao cabo é o que nos proporciona un medio de vida sustentable e o mellor alimento e proteína para dar á nosa poboación mundial. E denunciamos calquera actividade ilegal que atente contra o noso medioambiente, convidando a todas as partes a sumarse a esta consideración.

Todos os buques da frota española faenan en zonas de pesca autorizadas, cumprindo cos requirimentos acordados polos organismos internacionais e a Unión Europea. Por iso, instamos a denunciar as actuacións unilaterais desproporcionadas e carentes de legalidade, como a que acaba de realizar Greenpeace, e solicitamos o amparo da UE na defensa dos nosos buques que realizan a súa actividade dentro dos máis rigorosos estándares mundiais de control e regulación.

A nosa frota desenvolve a súa actividade mesmo por encima dos máis estritos controis que ordena a UE, rexistrando a súa actividade a través de programas de vixilancia e control, cos documentos e licenzas regulamentarias que o habilitan para exercer a pesca na devandita zona.

A frota española de palangre de superficie, na que se inclúe o buque, desenvolveu un programa de mellora das pesqueiras denominado FIP BLUES, co que leva a cabo a xestión da pesqueira baseándose nunhas boas prácticas ambientais, sociais e económicas.

Trabállase cada día para mellorar a recompilación de datos científicos que contribúan a un mellor entendemento do medio mariño, dos stocks e axuden a tomar as decisións correctas de ordenación da propia actividade pesqueira. Tamén levan a cabo unha formación continua dos nosos tripulantes, con cursos e talleres de mitigación de tartarugas, aves e mamíferos mariños que axudan a reducir a mortalidade destas especies.

Finalmente solicitamos aos medios de comunicación a súa colaboración para desenmascarar a estratexia internacional levada a cabo de maneira continuada por certas ONG en contra de determinadas pesqueiras, contrastando a información desvirtuada que chega procedente destas organizacións e que pode xerar unha gran repercusión e impacto negativo para toda a frota española e europea.

Exit mobile version