Mondoñedo, 15 de xullo, 2022. O singular patrimonio natural, xunto cunha boa xestión da conservación do recurso, son só algúns dos parámetros cos que Observer trata de medir a profesionalización e distinción desta cova, un dos seus destinos turísticos acreditados máis emblemáticos.
Ademais disto, a posibilidade de vivir unha experiencia única, sumado á boa divulgación dos valores xeolóxicos durante as visitas guiadas converten a Cintolo na “Mellor cova de Galicia, 2022”.
Cabe destacar, entre as súas axeitadas decisións, unha normativa que regula as actividades e perfís científicos dentro da cova, xerando así un interese crecente pola investigación e dando unha maior accesibilidade aos traballos alí realizados.
Todo o anterior, sumado ao actual proxecto dunha nova ruta que, seguindo as demandas dos visitantes e promovendo sempre o patrimonio natural, conta cunha maior duración e chega ata a parte máis baixa e inexplorada da cova nas visitas guiadas.
Cintolo é a cova calcaria máis grande de Galicia, cunha lonxitude superior aos 6 quilómetros de lonxitude, e cun desnivel de 75 metros. Estrutúrase en catro sectores: Sector Central, Zona Nova, Vía dos Apóstolos e Dédalo Sur. Pola súa cota máis baixa discorre o Río Celtas. Foi catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia como depósito de tipo Paleolítico. As visitas guiadas deben ser reservadas a través do Concello de Mondoñedo.