A edil lembrou que “comezaba en maio Argadelo, un proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Manolo Panforreteiro. A idea era que o ciclo Cultura nas Parroquias se volvese interactivo e que a proposta cultural fora unha viaxe de ida e volta”.
Otero Cabarcos subliñou que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea, neste caso a das Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo”.
E engadiu que “unha quincena de persoas tiveron este mércores a súa última sesión e collen vacacións en agosto para volver con máis folgos no outono. Asemade, visto o éxito da iniciativa, Argadelo vaise instaurar noutra parroquia ribadense, que aínda está por desvelar”.