Site icon Crónica3.com A Mariña

“A casa de Don Paco”, por Carlos Rodríguez López

Actualmente estou realizando o camiño de Santiago, e esta semana pasei por Lourenzá, enviolles o seguinte relato para que mostrar a miña decepción ao ver a casa onde naceu Don Francisco Fernández del Riego, non porque se encontre en estado de abandono, senón polo que vin diante da fachada deslucindo a mesma. Poderían publicar no seu medio o seguinte relato?

Peregrino dende Ribadeo a Santiago, ao meu paso por Lourenzá, unha vila de actualidade polo recente nomeamento do ilustre escritor Don Francisco Fernández del Riego. Chego camiñando á Praza Linares Rivas onde preguntando me din que nesa mesma praza se encontra a casa natal de Don Francisco.

Con sorpresa, vexo unha fachada fermosa, que contén unha placa das letras galegas do ano 1987, que queda deslucida e apenas se ve por mor dunha terraza-galpón que impide ver a totalidade da mesma.

A carpa repercute sobradamente no fermoso conxunto histórico da igrexa de San Salvador, provocando feísmo do entorno.

Coido que sendo as letras galegas do ano 2023 dedicadas a D. Francisco Fernández del Riego o concello de Lourenzá que debe ser o responsable do permiso desta terraza por estar colocada nunha rúa local, deberá arranxar esta situación e retirar esa carpa por non ser apropiada ao lugar no que se encontra, pensando tamén en que a casa natal de Don Francisco vaia ser un lugar de visitas.

Como peregrino chegado a Lourenzá desexo que o concello faga o posible por poñer remedio en arranxar esa situación.

Exit mobile version